Creación de Empresas de Inserción
- Webmaster Aeiga |
Course Information
Obxectivos
Benvidos ao curso de Creación de Empresas de Inserción Laboral impartido pola Asociación de Empresas de Inserción de Galicia.
Este curso está integrado no Programa FOENAA: Convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades para actividades de promoción económica durante o ano 2023 da Deputación da Coruña
PROMOVE EI ! Proxecto de apoio á creación de Empresas de Insercion laboral e de fomento da inserción sociolaboral
Mediante a realización deste curso ofrecemos a posibilidade de adquirir unha preparación de carácter técnico para o exercicio da súa actividade profesional no campo da creación e xestión de empresas de inserción.
A Economía Social e, en concreto as Empresas de Inserción Laboral, é unha das áreas de maior crecemento na actualidade debida á situación económica e laboral en España.
- Adquirirás unha preparación de carácter técnico na creación e xestión de empresas de inserción.
- Coñeceras a lexislación vixente de forma global que afecta a este ámbito.
- Coñeceras as ferramentas imprescindibles para xestionar de forma eficaz unha empresa de inserción laboral
Metodoloxía
A metodoloxía para a cumplimentación deste curso consiste en ir avanzando nos contidos encontrados no apartado “Leccións”, e ir dando resposta a unha serie de exercicios tipo test que se presentan ó final de cada tema.
Prazo de finalización
O alumnado conta cun período máximo de tempo para a finalización do curso que será de 1 mes dende a data de inicio do curso.
En caso de cumprirse o período de finalización sen rematar o curso, o alumno poderá solicitar unha prórroga con causa xustificada.
Profesorado e Servizo de Titorías
Os participantes do curso poderán contactar co profesorado e formular todo tipo de dúbidas e consultas, así coma solicitar información complementaria, fontes bibliográficas, etc.
Poderá facelo das seguintes forma:
- Polo servicio do chat: O participante poderá enviar as súas dúbidas e consultas a calquera hora e recibirá resposta nun prazo máximo de 48 horas.
- Polo servizo de mensaxería: O participante dispón na páxina principal do campus, no apartado Perfil a opción de enviar mensaxes (“Redactar”) para as súas consultas.
En ambos casos as consultas deben estar dirixidas a AEIGA, Webmaster (Administrador).
O alumnado tamén dispón no menú superior dun apartado de “Rede Social” onde pode interactuar co resto de participantes, enviar artigos de referencia, consultas, información relacionada, etc.
Coaches

Webmaster Aeiga